Saltar navegación

Unha pequena viaxe pola música do mundo

Continuando a viaxe

Na seguinte parada da nosa viaxe imos dar un pequeno salto cara o continente asiático ata chegar a unha gran illa chamada Xapón. 



O Xapón é un país cunha longa tradición, non só musical. Está moi influenciado por outro país asiático, China. 



Como vedes no mapa, Xapón é unha illa na que viven máis de 125 millóns de persoas! Que vos parece? A illa ten que ser grande ou estar moi chea, verdade?


Para coñecer un pouquiño da súa cultura e costumes imos traballar cunha canción tradicional que se chama
"Sakura". Esta palabra significa "flor da cerdeira", que é o símbolo do país. 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0